|
EDUCACIÓN INFANTIL 3, 4 E 5 ANOS
EDUCACIÓN PRIMARIA 1º, 2º E 3º
Queridas Familias:
Este ano virán PAPÁ NÖEL e o APALPADOR a darlles unha sorpresa os vosos
fillos/as e para iso necesitamos a vosa colaboración . Trátase de que cada familia
merque ó seu fillo/a de Educación
Infantil UN AGASALLO, dito agasallo deberedes traelo ó Colexio envolto e co seu nome e curso,
antes do día 18 de Decembro de 2.017
(deixarédelo en Secretaría para
poder evitar a desconfianza dos nenos/as). PAPÁ NOEL e o APALPADOR entregarán os agasallos o día 21 de decembro.
Rogamos a máxima discreción , así os vosos fillos/as
levaranse unha gran sorpresa.
Educación Infantil
3, 4 e 5 anos e Educación Primaria 1º, 2º, e 3º.- deberán traer un XOGUETE DE MADEIRA.
Tamén faremos un Pastel Navideño , polo que terán que traer 1 €uro.
EXPOSICIÓN DO NOSO BELÉN
Dende o xoves día 14
de Decembro de 2017 e ata o sábado día 06 de Xaneiro de 2.018 pódese visitar o
BELÉN que levamos ó concurso de Caixanova, o cal elaboramos entre todos/as.
MAMI , PAPI ¿ SABEDES ? NO MEU COLE TEMOS UN BUZÓN REAL
¿AXUDÁDESME A ESCRIBI-LA CARTA ÓS REIS MAGOS ?
O CARTEIRO REAL virá a recollelas o día 15 de Decembro
UN BIQUIÑO E GRAZAS POR AXUDARME
*Deberán traela o martes día 12 de Decembro.
Moitas Grazas pola vosa
colaboración
O XOVES día 21 de decembro non haberá comedor, nin
actividades de tarde, acabando a xornada escolar ás 14:00h.
VACACIÓNS DE NADAL
INFORMÁMOSLLES QUE AS
VACACIÓNS DE NADAL SERÁN DENDE O DÍA
22 DE DECEMBRO ATA O DIA 07 DE XANEIRO DE 2.018 (ambos os dous inclusive).
O PRIMEIRO DÍA DE CLASE DESPOIS DO NADAL SERÁ O LUNS
DÍA 08 DE XANEIRO
DE 2018
A DIRECCIÓN E O PROFESORADO
LLES DESEXAMOS FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANINOVO.
Vigo 13 de Decembro de 2.017
No hay comentarios:
Publicar un comentario